
Os nenos que participaron na Escola de Verán 2025 cos monitores
Remata o mes de agosto e chegan ao seu fin as actividades da Escola de Verán do Club do Mar Bueu Simei. Foron dous meses intensos e cheos de diversas actividades e xogos, e a maioría dos participantes marchan contentos e con ganas de volver.
A mellor recomendación para os novos remeiros que queiran unirse ao club.
A mellor maneira de rematar foi visitar o peirao de Bueu para ver a regata de remo da ACT e soñar con formar parte dunha desas tripulacións. O Club do Mar Bueu Simei demostrou que se pode conseguir.

Os 7 monitores que se encargaron de levar a Escola de Verán
