¿Buscas un verán diferente para os teus fillos e fillas? No Club do Mar Bueu levamos a nosa Escola de Verán ao seguinte nivel. Este ano non só queremos que aprendan a remar, queremos que vivan o mar como nunca antes.
O que nos fai diferentes este ano
Escoitamos as vosas suxestións e por iso este verán lanzamos unha edición renovada:
- A semana completa: A diferenza de edicións anteriores, agora as actividades cobren de luns a venres, facilitando a conciliación familiar e asegurando que o ritmo non pare.
- Máis tempo, máis diversión: Ampliamos o horario (de 9:30/10:00 ata as 13:30) para que os nenos e nenas pasen máis horas en contacto coa natureza e o deporte ao aire libre.
- Programa de actividades ampliado: Dende a técnica pura de iniciación ao remo ata a adrenalina da I Bandeira Escola de Verán (unha regata pensada para eles), pasando por rutas en bici, competicións de ergómetro e moitos máis deportes acuáticos.
Información Detallada
- Calendario: Estaremos activos dende o 29 de xuño ata o 31 de agosto. ( os días de xuño son gratis para as persoas que estén inscritas algún dia de xullo)
- O noso ADN: Fomentamos o compañeirismo e a disciplina deportiva a través do remo en bateis e traiñeiriñas, ademais de xogos na praia que reforzan a amizade.
- Equipo: Contamos con monitores que garantirán a seguridade e a aprendizaxe en cada remada.
¿Cómo incribirse ?
A Incrición deberá realizarse mediante o presente formulario máis abaixo , unha vez feita a inscrición abonar o prezo seleccionado por transferencia , no IBAN do CLUB DO MAR BUEU : ES55 2080 5412 7530 4010 2797.
CONCEPTO: Escola de Verán – Nome Apelidos
Unha vez feita a transferencia confirmarase a incrición do seu(s) fill@(s) vía correo electrónico.
As persoas que xa estiveron na escola de remo poden pagar a través de Cluber : Indicádelo na última Opción
Contacto
Se tes algunha dúbida contacta con nós en clubdomarbueu@gmail.com
Aviso importante: As prazas son limitadas para garantir a calidade da ensinanza e a seguridade de todos os participantes. ¡Reserva a túa antes de que se esgoten!

